Saltar ao contido
CoRural, Corporación Rural Láctea.

A suma da base cooperativa e a fortaleza industrial para dar futuro ao campo.

Clun e Leite Celta unen os seus recursos para constituír o gran grupo lácteo de Galicia: CoRural, Corporación Rural Láctea.

Clun - Celta

CoRural é unha alianza estratéxica concibida para dar dimensión, estabilidade, eficiencia e futuro á primeira potencia produtora de leite de España e unha das máis destacadas de Europa: Galicia.

CoRural é un proxecto que sitúa ao gandeiro no centro de todo o seu modelo e que garante o seu benestar.

CoRural son 1.400 produtores de leite, 800 persoas empregadas, 8 plantas industriais e un volume de negocio anual de 600 millóns de euros.

Celta, Feiraco, Clesa, Únicla e La Vaquera.

Contacto